Saltar ao contido

Cúpula de Ferro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cúpula de Ferro
OrixeIsrael
Usado porIsrael, Acerbaixán e Estados Unidos de América
GuerrasGaza–Israel conflict, Operación Marxe Protectora, Operação Pilar Defensivo, Operation Guardian of the Walls e Bombardeio da Faixa de Gaza por Israel em 2022
Deseñado2005
FabricanteRafael Advanced Defense Systems e Israel Aerospace Industries
Construídos2
Peso90 quilogramos
Lonxitude3 metros
Diámetro160 milímetros
editar datos en Wikidata ]

A Cúpula de Ferro (hebreo: כִּפַּת בַּרְזֶל, árabe: گنبد آهنی, inglés: Iron Dome) é un sistema de defensa antiaérea israelí[1] deseñado por Rafael Advanced Defense Systems e Israel Aircraft Industries.[2] Este sistema deseñouse para interceptar e destruír mísiles de curto alcance e proxectís de artillaría disparados dende distancias de 4 a 70 km e que estivesen dirixidos cara áreas poboadas.[3][4] O goberno de Israel propúxose incrementar este rango dende os 70 km ata un máximo de 250 km, engadindo a capacidade de interceptar proxectís lanzados dende varias direccións ao mesmo tempo.[5]

Declarouse operacional e comezou a funcionar o 27 de marzo de 2011 preto de Beersheba.[6] O 7 de abril de 2011 o sistema interceptou un proxectil lanzado dende a Franxa de Gaza por primeira vez.[7] O 10 de marzo de 2012 The Jerusalem Post informou que o sistema conseguira derribar o 90% dos proxectís lanzados dende Gaza con obxectivos en áreas poboadas,[4] e en novembro de 2012 os informes oficiais do goberno israelí reportaron que o sistema levaba interceptado máis de 400 proxectís.[8][9]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Iron Dome Air Defense Missile System, Israel". Army technology. Consultado o 18 de agosto de 2011. 
  2. Ben-David, Alon (18 de marzo de 2008). "Iron Dome advances to meet Qassam threat". Jane's. Consultado o 18 de agosto de 2011. 
  3. Sharp, Jeremy M. (16 de setembro de 2010). "U.S. Foreign Aid to Israel" (PDF). Congressional Research Service. Consultado o 18 de agosto de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Katz, Yaakov (10 de marzo de 2012). "Iron Dome ups its interception rate to over 90%". The Jerusalem Post. Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  5. Williams, Dan (16 de novembro de 2012). "Israel's Barak seeks three more Iron Dome rocket interceptors". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2013. Consultado o 9 de abril de 2013. 
  6. "Israel deploys 'Iron Dome' rocket shield". Al Jazeera. 27 de marzo de 2011. Consultado o 18 de agosto de 2011. 
  7. Pfeffer, Anshel; Yanir Yagna (7 de abril de 2011). "Iron Dome successfully intercepts Gaza rocket for first time". Haaretz. Consultado o 7 de abril de 2011. 
  8. Livnat, Yael (18 de novembro de 2012). "Tweet" (Twitter). IDF Spokesperson's Unit. Consultado o 19 de abril de 2012. 
  9. Livnat, Yeal (5 de abril de 2012). "Copia arquivada" שנה ליירוט הראשון של כיפת ברזל: "ההצלחה – בזכות הלוחמים" [One year to first interception of Iron Dome: "The success – because of the fighters"] (en hebreo). IDF Spokesperson's Unit. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 19 de abril de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]